Categoría | Contratado predoutoral FPU |
Teléfono | 986814002 |
Despacho | 59 C |
Cargo | |
Área | Lingüística xeral |
luis.lopez@uvigo.gal | |
Caixa do correo | 136 |
Grupo de investigación | Gramática, Discurso e Sociedade (GRADES) http://grades.uvigo.gal/ |
WEB | ORCID ID 0000-0003-0860-7053 https://www.researchgate.net/profile/Luis-Lopez-Alonso |
Liñas de TFG
Sociolingüística
Linguas minoradas e minoritarias
Materias impartidas
- V01G181V01114 Lingüística: Lingüística
CV resumido
Luís López Alonso graduouse en 2020 en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios e obtivo o mestrado en Lingüística Aplicada en 2021, ambas as dúas pola Universidade de Vigo. Licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela en 2002. Foi Premio á excelencia académica para o alumnado que inicia estudos de doutoramento 2021/2022 da Universidade de Vigo e Premio á excelencia académica para o alumnado que comeza estudos de mestrado 2020/2021 da Universidade de Vigo.
A súa investigación oriéntase ao estudo dos procesos de minoración e dominación lingüísticas desde unha sociolingüística crítica e política, en particular, ás relacións da lingua galega con outras linguas. Tamén está interesado na reflexión teórica e epistemolóxica da sociolingüística actual e da lingüística en sentido lato. Foi un dos investigadores do proxecto «Lingua e sociedade no ensino secundario obrigatorio e no bacharelato» (convenio entre a Deputación de Pontevedra e a UVigo).
Por último, indaga no ámbito da teoría literaria, concretamente, na creación, na comunicación e no pensamento poéticos. Neste dominio, ademais de publicar traballos académicos tamén é autor de varios poemarios, colaboracións, intervencións e obras artísticas interdisciplinares.
Publicacións
https://bidi.uvigo.gal/gl/investigador/luis-lopez-alonso
ARTIGOS DE REVISTA
- O neofalantismo no ensino secundario: un espazo sen lexitimar (2020) Autor: Luís López Alonso Revista Galega de Filoloxía Vol. 21 (páxinas 39 a 74) DOI 10.17979/rgf.2020.21.0.7341
COMUNICACIÓNS
- La necessitat d’un nou focus sociolingüístic per a l’ensenyament-aprenentatge de les llengües minoritàries. Cas pràctic: el gallec a l’educació secundària. (2022) Congreso: III Congreso Internacional de Llengües Indigenes i MinoritzadasÁmbito: Internacional Autor: Luís López Alonso Cidades: Girona (España) e Perpignan (Francia)
- De la minorización al neofalantismo: una propuesta didáctica para la Educación Secundaria Obligatoria desde la sociolingüística crítica (2021) Congreso: ISD 2021 – VII Congreso Internacional del Interaccionismo Socio-discursivo Ámbito: Internacional Autores: Luís López Alonso e Martín Vázquez-Fernández Cidade: Donostia (España)
LIBROS
- En galego 24/7. Da minoración ao neofalantismo (2021) Autores: Fernando Ramallo, Estefanía Mosquera Castro, Martín Vázquez-Fernández e Luís López Alonso Editorial: Área de Normalización. Universidade de Vigo ISBN 9788412302844
CAPÍTULOS DE LIBRO
- 2 de xaneiro de 2051 (2021) Autor: Luís López Alonso Libro: A lingua en 2050 (pp. 119-126)
- Nomes e homes nun feixe de beleza (2020) Autor: Luís López Alonso Libro: Figuras masculinas de meio-corpo (pp. 49-51)