CategoríaAsociada (T3-P6)
Teléfono986 812 369
DespachoC32
Cargo
ÁreaTradución
Emailbuxan@uvigo.gal
Caixa do correo138
Grupo de investigaciónBitraga
BiFeGa
WEBtraducion.gal
https://orcid.org/0000-0001-5631-3071
https://www.researchgate.net/scientific-contributions/2009077797_Patricia_Bujan_Otero

Liñas de TFG

As afíns á docencia

Ademais, calidade e tradución, corrección profesional, fraseoloxía, tradución literaria do alemán

Materias impartidas

  • Tradución idioma 2, II: Alemán-Español (GTI)
  • Tradución idioma 2, III: Alemán-Español (GTI)
  • Tradución especializada idioma 2: Administrativa-económica Alemán-Galego (GTI)
  • Interpretación idioma 2: Alemán-Español (GTI)
  • Tradución xurídico-administrativa Alemán-Galego/Español-Alemán (MTCI)
  • Tradución económico-comercial Inglés-Galego/Español-Inglés (MTCI)

Materias afíns

  • Tradución do alemán para o galego e o español (xeral e calquera das especialidades)
  • Tradución do inglés para o galego e o español (xeral e, nas especialidades, servizos culturais e científico-técnica, editorial)
  • Tradución galego-español
  • Aspectos profesionais da tradución
  • Informática aplicada á tradución
  • Ortotipografía

CV resumido


Doutora en Tradución con mención internacional pola Universidade de Vigo. Compatibiliza a súa actividade como tradutora (traducion.gal) e editora (Catro Ventos Editora, S. Coop. Galega) coa de profesora asociada na área de Tradución do alemán e do inglés na Universidade de Vigo, profesora no título de Especialista en Edición da mesma universidade e profesora convidada no Máster en Servizos Culturais da USC..

Iníciase na investigación no eido da fraseoloxía galega co proxecto Dicionario de Fraseoloxía Galega dirixido por Xesús Ferro Ruibal no Instituto Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, ao que segue o proxecto de fraseoloxía contrastiva alemán-español-galego do equipo Frasespal ligado á USC (logro máis salientable: Idiomatik Deutsch-Spanisch, dicionario fraseolóxico, + 35 000 entradas).

En 2015, defendeu na Universidade de Vigo a tese de doutoramento A tradución da fraseoloxía no xénero textual manual de instrucións na combinación lingüística alemán-español (sobresaliente cum laude), dirixida por Silvia Montero Küpper (UVigo) e Carmen Mellado Blanco (USC).

Actualmente, membro do grupo de investigación BiFeGa dentro da liña de Bitraga (Biblioteca de Tradución Galega), integrante do consello científico de Cadernos de Fraseoloxía Galega e do comité de redacción de Viceversa. Revista Galega de Tradución.

Socia da AGPTI (presidenta de 2012 a 2016), da Asociación Galega de Xermanistas e de ACE Traductores.

Publicacións

  • Buján Otero, Patricia (en prensa). «Procesos intrínsecos en la toma de decisiones en traducción técnica». En P. Buján-Otero e L. Domínguez Araújo (eds.), Traducción & Paratraducción III. Procesos inherentes a la interpretación, la revisión y la traducción. Berlin: Peter Lang.
  • Buján Otero, Patricia (2020). «He aquí la vida de una mujer literata. Traducción y género en las políticas editoriales en Galicia (2011-2018)», Transfer XV, 1-2 (2020), 31-51.
  • Buján Otero, Patricia (trad.) (2022). Infocracia. A dixitalización e a crise da democracia. Tradución do alemán para o galego de Infokratie. Digitalisierung und die Krise der Demokratie, de Byung-Chul Han. Vigo: Catro Ventos.
  • Buján Otero, Patricia (trad.) (2021). O perfume. Historia dun asasino. Traducióndo alemán para o galego de Das Parfum. Die Geschichte eines Mörders, de Patrick Süskind. Pontevedra: Kalandraka.
  • Buján Otero, Patricia (trad.) (2020). E agora que, homiño? Tradución do alemán para o galego de Kleiner Mann – was nun?, de Hans Fallada. Santiago de Compostela: Irmás Cartoné.
This site is registered on wpml.org as a development site.